Vodafone e Movistar veñen de facer públicos os prezos cos que comercializarán o Samsung Galaxy S II, un dos terminais máis agardados no mercado español.
Vodafone
Vodafone ofrece unha amplo abano de posibilidades, dacordo coa tarifa escollida. Iso si, todos con 18 meses de permanencia (prezos para portabilidades):
- Tarifa @XS: 349 €. (inclúe 350 minutos a calquera destino de 18-8h e fin se semana 24h + 100 MB de datos por 24,90 €/mes).
- Tarifa @S:: 219 €. (mesmo consumo de voz + 300 MB de datos + 50 MB en itinerancia por 29,9 €/mes).
- Tarifa @M: 129 €. (1000 minutos de voz de 18-8h e fin de semana 24h + 300 minutos en horario de mañá + 350 sms + 500 MB de datos + 150 MB de datos en roaming por 49 €/mes).
- Tarifa @L: 49 € (igual ca a @M pero con 350 minutos en horario de mañá, por 59,9 €/mes).
- Tarifa @XL: 0 € (igual que @M pero con 1000 minutos en horario de mañá e 1 GB de datos por 99,9 €/mes).
Movistar
Con Movistar as posibilidades coñecidas son as que seguen.
- 349 €, asociando unha tarifa de voz de 18 € + 15 € de datos.
- 249 €, con tarifa de 24,9 € de voz e 15 € de datos.
- 130 €, cun gasto de 29,90 €/mes de voz e 15 € de datos.
Todos eles cun contrato de permanencia asociado de 18 meses.
Lembremos que se pode atopar libre a través de The Phone House por 684 €.