Xa está dispoñíbel en España a HTC Flyer

HTC vén de anunciar a dispoñibilidade no mercado español da súa primeira tablet, un dispositivo diferente que se comercializará en dúas versións: WiFi + 3G e só WiFi (chegará na segunda quincena de xuño).
Trátase dun dispositivo diferente, que non conta con Honeycomb porque dende HTC preferiron facer unha adaptación do seu Sense a tablets, otorgando caracterísitcas extra diferenciais. Outras características coas que conta son:
  • Pantalla: 7 polgadas.
  • Procesador: 1.5 GHz
  • Memoria 32 GB na verisón WiFi+3G (ampliábel outros 32 Gb por microSD) e 116 GB na versión WiFi (ampliábel outros 16 GB por microSD).
Incorpora ademáis o servizo HTC Watch, que permite descargar máis de 600 filmes a través de HTC, empregando a tecnoloxía de descarga progresiva, polo que poderemos comezar a ver a peli antes de que esta teña rematado de descargar.
Pero o máis destacado é a tecnoloxía HTC Scribe, co que poderemos introducir notas de forma moito máis sinxela, así como tamén a posibilidade de facer debuxos ou gravar unha reunión mentres se toman notas para non perder o fío.
En canto a prezos, está dispoñíbel por 649,99 € a versión WiFi+3G e 499,99€ a versión só WiFi.

Sobre o autor

Reply