Tes un Samsung Galaxy S II e queres liberalo? Pois estás de noraboa porque podes facelo dende a túa casa, dun xeito moi sinxelo e, ademais, de balde.
Resulta que Samsung coloca no firmware do terminal o código de desbloqueo, polo que dende XDA Developers traballaron para ter acceso a el. E que precisamos? Pois acceso root e instalar a aplicación Galaxy S2 SIM Unlock, que está dispoñíbel no Market web.
O proceso de desbloque implica iniciar a aplicación e agardar a que atope o código, inda que segundo sinalan, se non atopa o código á primeira non se debe volver usar, xa que podería bloquear o terminal.