Se entraches entusiasmado polo título, comezo pola mala noticia: non está dispoñíbel en España, mais agardamos que isto sexa algo temporal.
Dende unha filial de Google están a traballar en probas nun servizo de mensaxería push, chamado Disco, que vén a ser algo semellante ao hipercoñecido Whatsapp e multiplataforma, inda que polo de agora só está dispoñíbel para Android e iOS e nos Estados Unidos.
Entre outras características destacan a posibilidade de enviar mensaxes a moitos usuarios de vez (até 100), mellorando a comunicación entre o grupo de amigos.
Podedes ver algunhas capturas na páxina da aplicación no Market.