No modo Static poderemos obter as imaxes, actualizando o navegador segundo nos vaiamos movendo de pantalla no noso terminal, gardando as imaxes coma se fose calquera outra de internet. No modo Live, aínda que non poderemos gardar as imaxes do modo convencional, si que poderemos observar o noso terminal en modo vídeo. Este último modo tamén nos da a posibilidade de controlar, aínda que non de maneira sinxela, o noso móbil desde o navegador.
Os requisitos indispensables para usar esta aplicación son ter acceso root e estar conectados a mesma rede WIFI co móbil e o PC.
PicMe está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.5 ou superior.