Padfone. Tablet e smartphone nun só produto

Unha tablet? Un smartphone? Por que non ambos e complementados? Seguramente foi iso o que pensaron dende ASUS cando decidiron crear Padfone, unha tablet que combina ambas cousas dun xeito moi especial.
Como se ve no vídeo anterior, a tablet dispón dunha rendixa na que se pode introducir o teléfono. Obviamente non se trata dunha tablet con funcionalidade de tal e autónoma, senón que poderíamos simplificar dicindo que amplía a funcionalidade da pantalla, dos 4,3 do smartphone a 10,1, co que poderemos navegar máis comodamente.

Iso si, a tablet conta con batería propia, polo que pode ser unha “segunda vida útil” cando o noso smartphone estea nas últimas.

Que vos parece esta combinación?

Sobre o autor

Reply