Segundo un estudo da consultora Nielsen Android é o primeiro sistema operativo nos Estados Unidos, cun 36 % do mercado, seguido por iOS cun 26% e RIM, que acolle o 23%. Bastante por baixo sitúanse Windows Mobile, cun 9%, WebOS e Symbian cun 2% cada unha e Windows Phone 7 e Palm OS cun 1% respectivamente.
Ademais, os usuarios de Android son os que máis volume de datos consumen, cunha media de 582 MB, cuxo uso maioritario é a descarga de aplicacións.