Todo parece indicar que dentro de non moito tempo verá a luz un novo terminal Android de LG, a lo menos nos Estados Unidos, o LG Génesis, que estaría destinado á operadora US Cellular.
Trátase dun dispositivo que conta con dobre pantalla e teclado qwerty, algo que o fai especial, xa que os dispositivos que hai no mercado semellantes adoitan ter o teclado deslizante. Entre as súas características destacamos as que seguen:
- Procesador Snapdragon a 1 GHz.
- Dobre pantalla, 3,5 polgadas a externa e 3,2 a interna.
- Teclado qwerty.
- Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo)
- Cámara de 5 MP.
- Memoria: interna de 430 MB, con microSD de 8 GB incluída.
- Batería de 1500 mAh.
Credes que este terminal cruzará o charco ou quedará ao outro lado do Atlántico? Podedes contárnolo nos comentarios ou a través de Twitter ou Facebook.