Atopa onde cargar o teu coche eléctrico con Electromaps

De momento non son moitos os usuarios dos coches eléctricos mais, sen embargo, algún que outro hai, polo que se é o teu caso non está de máis que dispoñas da aplicación Electromaps.
Como podedes deducir do seu nome, Electromaps amósanos os puntos de carga para coches eléctricos máis próximos segundo a nosa ubicación, amosando tamén outros datos de interese como o prezo da recarga e mesmo comentarios doutros usuarios sobre eles.
Así mesmo, como noutras aplicacións do estilo, intégrase perfectamente con Google Navigationn, para que nos guíe directamente a algún punto de carga.
Electromaps dispón ademáis dunha web na cal podemos achegar o noso coñecemento sobre outros puntos que non figuren ou notificar informacións erradas.
Podedes descargar a aplicación de xeito gratuíto dende o Android Market.

Sobre o autor

Reply