Toshiba Thrive, outra tablet Honeycomb

Se en algo destaca Android é na variedade e, para mostra a infinidade de dispositivos que o empregan. Como xa vos temos dito este é o ano das tablets Android e hoxe queremos presentarvos unha nova: a Toshiba Thrive.



Trátase dunh tablet Honeycomb de 10.1 polgadas e procesador Tegra 2. Como feito diferencial, vén equipado cun conector USB de tamaño completo, para poder enchufarlle certos periféricos, e contará co carcasas de cores para a capa traseira, que custarán 19,99 $ (13 €).
Chegará ás tendas en tres versións, diferenciadas pola súa memoria interna e polo prezo, aínda que todas elas moi accesíbeis: 8 GB por 429 $ (293 €), 16 GB por 479 $ (327 €) e 32 GB por 579 $ (395 €).
A que tedes máis mono de tablet?
Vía

Sobre o autor

Reply