Vodafone Smart, a operadora vermella aposta por Android en prepago

Non todo teñen que ser grandes terminais accesíbeis por un desenvolso importante de cartos ou atándose a permanencias infinitas. Vodafone aposta agora por un terminal de marca branca para clientes de tarxeta, falamos do Vodafone Smart.

Como dicimos, trátase dun dispositivo orientado aos clientes de cartón prepago que estará nas tendas a finais de mes por 69 € e que conta coas seguintes características:
  • Procesador Qualcom MSM7225 a 528 MHz
  • Sistema Operativo: Android 2.2 (Froyo)
  • Dimensións e peso: 103,8 x 56,8 x 12,6 mm e 104 gramos.
  • Pantalla TFT de 2,8 polgadas.
  • Memoria: 130 MB internos, ampliábeis por microSD até 32 GB.
Como promoción de benvida, Vodafone regala o acceso a Internet durante os meses de verán, até o 31 de agosto, a partires do cal poderase acceder a Internet pagando a tarifa semanal, de 3,50 € e limitada a 20 MB diarios (logo redúcese a velocidade).
Queda alguha disculpa válida para non facerse Android?

Máis info

Sobre o autor

Reply