Antes só apostaban por tarifas, pero agora os operadores virtuais tamén ofrecen terminais e como a moda está nos smartphones, estes non poderían faltar nos catálogos.
Así que Simyo vén de apuntarse á subvención de terminais ligados a permanencia de 18 meses con 3 androides que non están nada mal:
- HTC Wildfire S
- Samsung Galaxy Ace
- Samsung Galaxy Mini
As tarifas asociadas a estes contratos denomínanse Smartpacks e inclúen datos e a tarifa máis destacada de Simyo: 0 céntimos/minuto a outros Simyo durante os primeiros 10 minutos de cada chamada e 8 céntimos/minuto ao resto de operadores.
Segundo a cantidade de datos do Smartpack, as tarifas serán de 10 €/mes (prezo en promoción, 900 MB de datos) ou 20 €/mes (prezo tamén en promoción, 2 GB). Coa primeira delas poderase coller o Galaxy Mini e, a partires do 1 de agosto (fin da promo) a tarifa será de 12 €/mes, mentres que coa tarifa de 2 GB poderase escoller entre o Galaxy Ace e o Wildfire S. Despois do período promocional a tarifa será de 24 €/mes.
Unha dúbida. ¿Son 12€/mes de cota de internet + chamadas? Non son consumos mínimos nos que se inclúe o internet…
Son cotas, non teñen consumo mínimo. Pagas o que fales