Se che gusta telo todo controlado, no que atinxe a gastos, MyPlan pode ser a aplicación que estás a buscar. Simplemente recolle datos das chamadas que realizas e mensaxes enviados e calcúlache o que levas gastado, en base á tarifa que teñas.
Tamén nos amosa a nosa listaxe de chamadas co prezo individual de cada unha delas, factor que dende logo resulta ben interesante. Ademais, se estades pensando en mudar de compañía sempre podedes seleccionar tarifas alternativas para ver cando aforraríades (ou non).
A pega que lle vexo á aplicación é que conta cunha serie de plans de prezos preestablecidos e que non permite engadir novos, algo que persoalmente melloraría, porque coa oferta de OMV’s as posibilidades son moitas máis das contempladas.
Na versión actual inclúense os seguintes plans de prezos:
- Jazztel Móvil: Jazzmovil 10, Tarifa Plana 100 minutos, 200 minutos, 300 minutos, 400 minutos, 500 minutos.
- MÁSmovil: Tarifa 3, Tarifa 5, Tarifa 8, Tarifa Total.
- Movistar: Contrato Móviles, Contrato Simple, Contrato Tiempo Libre, Planazo Móviles Movistar, Planazo Tiempo Libre, Movistar 8.
- Oragne: Delfín 20, Delfín 32, Delfín 43, Delfín 59, Delfín 79, León 25, León 30, León 49, Panda 15, Panda 20, Panda 22, Panda 26, Ardilla 6, Ardilla 8, Ardilla 9, Ardilla 12, Pingüíno.
- Pepephone: Tarifa 6 cént, Tarifa 7 cént, Movilonia 9, Movilonia VIP, Pulpo Pepe, Ratoncito & Elefante, Lobo & Cordero.
- Simyo: Tarifa 0 y 8 céntimos, Tarifa 3 céntimos, Tarifa 5 céntimos.
- Vodafone: A mi aire 90×1 24h, A mi aire 90×1 a todos, A mi aire simple, Contrato 1, Diminuto 8, Mini 24h, Mini a todos, Plana 24h, Plana a todos, Super plana mini, Super tarifa plana, L, M, S, XL, XS, @L, @M, @S, @XL, @XS
- Yoigo: La del 0, La del 4, La del 6, La del 8.
A aplicación está dispoñíbel no Market de xeito gratuíto.