Máis e máis widgets no teu escritorio: Multicon Widget

Encántache ter moitos widgets no teu escritorio Android? Quédache corto de espazo? Se te identificas con estas cuestións encantarache Multicon Widget, unha aplicación que nos permite multiplicar o espazo dos nosos escritorios até por 4.
A aplicación permítenos escoller o número de filas e columnas que terá o widget e logo disto xa poderemos engadir as nosas aplicacións favoritas para telas sempre a man. Malia que o tamaño das iconas se reduce en exceso, pode resultar interesante telo instalado.
A aplicación é gratuíta e é válida para usuarios +1.6. Podédela descargar dende o Market

Sobre o autor

Reply