Traffic Monitor, controla os datos que consumes

Un dos problemas que tiven eu e supoño que tivestes motos ao contratar internet para o terminal móbil e decidirse pola cantidade de datos que imos consumir pois é moi difícil saber canto imos consumir, despois unha vez contratado saber canto consumimos é algo máis doado pois moitos teléfonos traen un contador por defecto, a aplicación que vos traio hoxe é un pequeno widget que vos pode axudar a controlar moitos aspectos do consumo de datos.
Traffic Monitor é unha aplicación que unha vez instalada no sistema sitúase no noso escritorio como un widget no que podemos ver o consumo de datos que facemos tanto por wifi como vía 3G desglosándonolo por subida e baixada. Se pulsamos na aplicación ampliarase a información dándonos unha relación detallada das aplicacións e os datos que consume cada aplicación exactamente igual que no widget, separándoo por wifi e 3G, datos de subida e baixada. Como colmen a aplicacións ofrécenos un pequeno medidor de velocidade para saber en cada momento con que velocidade de liña estamos traballando, seguro que máis de un leva unha sorpresa. 
Traffic Monitor está dispoñible no Market de forma gratuíta para Android 2.2 e superior.

Sobre o autor

Reply