O Huawei U8500 chegou ao mercado español en abril deste ano para aumentar o catálogo de terminais Android dentro do que poderíamos considerar a gama media. Destacamos das súas características as que seguen:
- Tamaño e peso: 112 x 58 x 12.8 mm e 115 gramos.
- Pantalla: TFT de 3,2 polgadas.
- Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo).
- Cámara: 3,2 MP con flash LED.
- Memoria: microSD até 32 GB.
- Batería: 1150 mAh.
- Outros sensores: acelerómetro, proximidade, trackpad óptico, radio..
- Tamaño e peso: 110,4 x 60,6 x 12,1 mm e 104,3 gramos.
- Pantalla: TFT de 3,14 polgadas.
- Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo).
- Cámara: 3 MP con flash LED e efectos fotográficos (B/N, sepia…)
- Memoria: 160 MB de memoria interna. Inclúe microSD de 2 GB, pero pódese poñer outra microSD de até 32 GB.
- Outros sensores: acelerómetro, proximidade, trackpad óptico, radio..
A nós o Huawei parécenos un terminal cunhas prestacións moi boas a un prezo máis que interesante. O caso é saber se a xente se asusta pola marca, porque non coñece moito os terminais “Huawei”. Se iso non tira para atrás, de seguro que vai haber centos de novos Androids en Galicia 😉
É un fabricante bastante bo, o que pasa é que no mercado español non é moi coñecido. Pero coido que malia iso, con ese prezo, ninguén se pode resistir a facerse cun smartphone.
Parabéns pola iniciativa de facelos tan accesíbeis