Se tedes unha tablet seredes conscientes de que se pode ter un cliente específico para usar Twitter aproveitando toda a pantalla combinando, por exemplo, as columnas. Neste sentido TweetComb está pensado para iso, amosando a nosa liña de tempo, mencións e mensaxes privadas en columnas diferenciadas.
Ademais, como a meirande parte das aplicacións de Twitter, dispón de avisos en segundo plano para que non perdamos detalle, tanto para tweets como para mencións ou mensaxes privadas.
TweetComb emprega Bit.ly para acurtamentos e TwitLonger para aqueles tweets que sobrepasan os 140 caracteres. En canto a fotos, admite Twitpic, yFrog e Plixi. Estas son só algunhas das características que ten, que son moitas, sendo unha das opcións máis completas que hai dispoñíbel até o de agora.
A aplicación está dispoñíbel gratuitamente no Market, por suposto, só para Android 3+