O webmarket xa inclúe compatibilidade de dispositivos

Como cada vez temos máis dispotivos Android, pode que teñamos un pequeno cacao de versións e compatibilidades de aplicacións, así que dende Google implementaron unha nova funcionalidade na versión web do Android Market que nos permite comprobar, para cada aplicación, a compatibilidade cos nosos dispositivos.

Así, no menú da esquerda amosarásenos esa información tal que así:
Para dispositivos compatíbeis
Para cando haxa algún dispositivo compatíbel e algún imcompatíbel
Para cando haxa dispositivos non compatíbeis por razón de país.
A nós parécenos algo moi interesante. E a vós? Cóntanolo aquí ou por Twitter!

Sobre o autor

Reply