Motorola vén de facer público un vídeo no que nos amosa todo o potencial da súa tablet Xoom, así como tamén de Honeycomb, a versión de Android para tablets.
Como lembraredes, Motorola foi o fabricante escollido por Google para poñer a andar Honeycomb, confirmando así un novo fabricante como socio preferente, despois de telo feito co Nexus One (fabricado por HTC) e o Nexus S (fabricado por Samsung).