Despois do comunicado de onte no que HTC confirmaba que os Desire non poderían actualizarse a Gingerbread, hoxe, probablemente debido á indignación producida en moitos dos usuarios, rectificaron e volvéronse poñer en contacto cos usuarios a través do Facebook para, desta vez, confirmar que si haberá actualización dos Desire a Gingerbread.
Unha boa nova que agradará a quen posúa un Desire xa que, finalmente, poderán gozar da actualización oficial á versión 2.3.