HTC non actualizará os Desire a Gingerbread ou como cabrear aos usuarios

Malas novas para os usuarios dos HTC Desire. E é que onte, un dos fabricantes máis destacados de Android anunciaba que o seu flamante Desire non recibirá a ansiada actualización a Gingerbread alegando problemas de memoria.
Como podedes imaxinar, o cabreo dos usuarios foi notábel, mais que nada porque as comparacións son odiosas: e é que, por exemplo, o HTC Wildfire S (600 MHz / 512 RAM) si recibirá a actualización e o Desire (1 GHz / 512 RAM) non.
Sempre nos quedará meterlle unha ROM Gingerbread…

Sobre o autor

Reply