O Samsung Galaxy Ace aterra no catálogo de R #mobilR

A familia Android da operadora galega R segue a aumentar coa chegada dun novo membro ao seu catálogo, o Samsung Galaxy Ace, un terminal que, no que ten que ver co deseño, pode que nos lembre ao primeiro Galaxy S.
O Ace é un terminal que fará as delicias dos que queiran gozar do multimedia no seu smartphone, xa que conta cunha pantalla táctil de 3,5 polgadas. Pero ademais, poderemos compartir imaxes de calidade grazas á cámara de 5 megapíxeles que incorpora.
O seu procesador é de 800 MHz, que aínda que pareza que queda curto en comparación cos últimos superterminais que se están presentando, o certo é que é máis ca suficiente para a gran maioría dos usuarios.
Resumindo, as súas características técnicas máis destacadas son:
  • Tamaño e peso: 60,5 x 113,4 x 11,5 mm e 113 gramos.
  • Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo) de serie [Samsung confirmou a actualización a 2.3 (Gingerbread), supoñemos que en breve].
  • Procesador: 800 MHz.
  • Pantalla: TFT de 3,5 polgadas.
  • Batería: 1350 mAh
  • Cámara de 5 MP con flash LED, autoenfoque, efectos fotográficos.
  • Memoria: 158 MB internos + 2 GB en microSD (incluída), ampliábel até 32 GB.
  • Outros: WiFi, Bluetooth, GPS,  microUSB, acelerómetro, brúxula dixital, sensor de proximidade, radio FM.. 
En canto a prezos, contratando un consumo de 19 €/mes + IVE (tarifa plana mini ou mini+internet 1 GB) custará 89 €. Para consumos menores (9 €+IVE) o terminal quedaranos en 169 € (209 € para números novos), mentres que se nos vamos a 49 €/mes de consumo terémolo de balde.

Sobre o autor

2 Comments

  1. quecheparece 15 Xuño, 2011 Responder
  2. iago varela 15 Xuño, 2011 Responder

Reply