Calquer bo androfan que se precie non pode deixar de presumir de ter, cando menos, un minibot Android. Que son os minibots? Pois xoguetes para nenos grandes, o boneco de Android feito coleccionábel.
E é que, por se non o sabiades, non só está o clásico robotiño verde, senón que existe toda unha colección de bonecos de diferentes cores, divididos en dúas series: Series 01 e Series 02.
A Series 01 inclúe un total de 12 coleccionábeis, dos cales 9 están catalogados e 3 non, para aumentar o misterio que arrodea a estas figuriñas. Os 9 iniciais reciben o nome de Android, Hi-Voltage, Creature, Copperbot, Darknet, Reactor, Octopoid, Worker e Albino.
![]() |
Parte da Series 01 (9 catalogados + 1 misterioso) |
Debido ao grande éxito desta primeira serie xurdiu a continuación, a Series 02, que se compón dun total de 13 minibots, dos cales 11 están catalogados e 2 son misteriosos. Entre os catalogados están Greeneon, Bluebot, Hexcode, Iceberg, GB.927, Racer, Blackbeard, Noogler, Bernard, Rupture e Cupcake.
![]() |
Series 02 completa |
Mais alén das Series tamén existen edicións especiais, que non fan máis ca aumentar os desexos de quen quere facerse con toda a colección. Até o de agora existen 3 modelos especiais, os que seguen:
Os minibots están fabricados en vinilo e parte da maxia é que veñen en caixas e envoltos de tal xeito que non se sabe que minibot inclúe (aínda que é posíbel sabelo se se mercan nalgún sitio que teña contacto co fabricante e saiba o que vende).
En canto a prezos, pois hai de todo, algúns dende 5 € e outros acadan os 60-80 € eles soíños, sobre todo as edicións especias. Googleando moito pódese atopar unha serie completa por prezos que oscilan entre os 75 e 200 €.
Gústanvos? Pagaríades por eles? Cóntalo por aquí ou no noso Twitter!
Imaxes de Ecpica
Eu pagaría por telos todos (teño un comprado por min e outro que me tocou nun sorteo ;P), o único que me bota cara atrás é o prezo das coleccións completas (se alguén se apunta a unha compra consunta e posterior reparto de bots que avise)
Eu tamén quero telos todos.. pouco a pouco jeje