Sony deixa ver as súas tablets nuns spots

Dende que hai uns meses vos falamos das S1 e S2, as primeiras tablets de Sony Ericsson, o certo é que nada máis se volveu falar delas. E non precisamente porque sexan produtos chamados a engrosar a listaxe de fracasos tecnolóxicos, senón porque parece que Sony decidiu tomalo con calma e non precipitarse.
Mais agora publicou un par de vídeos nos que no-los deixa ver. O primeiro deles, o teaser dunha campaña que parece que vai ter o multimedia por protagonista.

O segundo vídeo trátase da primeira parte da historia, un orixinal e moi traballado vídeo que recorda [e aquí nos poñemos misteriosos] a certo anuncio de certa campaña de televisión de certa – e coñecida – marca de automóbiles.

A S1 conta cunha pantalla de 9,4 polgadas e unha forma curva que fai desta tablet un gadget con deseño único. O obxetivo desta inclinación é poder disfrutar mellor do contido que estemos a visualizar na pantalla ou para traballar máis comodamente. Pola súa banda, a S2 destaca pola súa dobre pantalla de 5,5 polgadas, o que facilita as cousas moito en aplicacións do tipo de mensaxería instantánea. Esta última tamén é pregábel, polo que será moi cómoda para transportar.

Ambas veñen equipadas con Tegra 2 e Honeycomb, a versión de Android optimizada para tablets, así como tamén con conectividade WiFi e móbil (3G principalmente, aínda que hai versións para as redes 4G) e DNLA.

Non sei a vós, pero eu entre a campaña publicitaria e as características singulares que teñen estas dúas tablets, teño moitas ganas de coñecelas. Se todo vai ben, verémolas en setembro nas nosas tendas.

Sobre o autor

Reply