Ainda que xa podíamos facer uso de esta aplicación mediante descarga da súa web, anuncia o equipo TeamViewer que por desexo dos seus usuarios xa se pode atopar tamén no Android Market a aplicación TeamViewer para uso privado nos dispositivos Android (Smartphone ou Tablet-PC).
De xeito totalmente flexible esta aplicación permítenos acceder a ordenadores remotos, abrir e editar documentos e, por exemplo, realizar un reinicio remoto. Nos equipos remotos son soportados os sistemas operativos Windows, Linux e Mac.
Para os usuarios privados TeamViewer é completamente gratuito e totalmente funcional a partires da versión 1.6 de Android. Aqueles que lle queran dar un uso comercial poderán obter a versión da App TeamViewer a través da súa Web.
TeamViewer permítenos entre outras cousas:
- Axuda rápida a amigos e familiares con problemas no ordenador.
- Acceso ao teu ordenador remoto desde a distancia.
- Reinicio remoto do ordenador distante.
- Acceso a todos os sistemas operativos actuais (Windows, Mac, Linux).
- Funcionamiento sen problemas ainda detrás de Firewalls e Servidores de Proxy.
- Manexo confortable a través dos xestos táctiles Multi-Touch.
TeamViewer para uso privado está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.