SPB Time, moito máis ca unha alarma, moito máis ca un reloxo

Pode que pensemos que unha cousa tan simple como un reloxo non teña moito que inventar, pero é que SPB Time é moito máis ca iso
Trátase dunha completa ferramenta de xestión do tempo que ten un gran cantidade de opcións de personalización, que inclúe reloxos dixitais e analóxicos con diferentes imaxes, con widgets diversos étc.
Pero o que fai realmente apetecíbel esta ferramenta son a cantidade de características que achega á xestión do tempo:
  • Alarmas: distingue entre tres tipos de alarmas, a clásica de toda a vida; a Bio, pensada para que soe cando se cumpran as horas de sono e a Paranoica, que che manda resolver un pequeno puzzle para deixar de soar, polo que será case imposíbel que a desactives e sigas durmindo.
  • Hora mundial, podendo configurar varias.
  • Fases lunares
  • Cronómetro, temporizador e conta atrás.
O único “pero” desta aplicación é que non é gratuíta. Custa 1,30 €, pero se empregades este tipo de ferramentas a inversión paga a pena. Está dispoñíbel no Market para androides con versións 2.1 e superiores.

Sobre o autor

Reply