Gústache sentarte onde o mar e escoitar o bater das ondas? Gústache pasear polo monte escoitando os sons que aló se escoitan? Ou, queres demostrar que efectivamete na túa rúa hai moito ruído?
Pois existe unha aplicación que nos axuda con iso: SoundCloud. Grazas a ela poderemos gravar os sons que nos arrodean e compartilos (ben en privado, ben en público) a través de Facebook, Twitter ou Tumblr, así como tamén facer check-in en Foursquare.
Ademais de gravar e compartir, con SoundCloud tamén poderemos acceder aos sons que graven outros e compartan connosco ou publicamente.
Gravar entrevistas, tomar notas de voz para un mesmo… ocórrenseme centos de posibilidades para empregar esta aplicación. Podedes descargala de balde dende o Market para versións de Android 2.1 e superiores. Iso si, deberedes de crear tamén unha conta de SoundCloud en http://soundcloud.com (é gratis)