Unha nova tablet con Android 3.2. Nova versión ou errata?

O que acabades de ver é a MediaPad de Huawei, unha tablet que sairá á venda en breve, disposta a ofrecer unha alternativa en tablets de tamaño medio, 7 polgadas concretamente.
Das características pouco máis podemos adiantar, alén de que conta cun procesador de 1,2 GHz e dobre cámara (5 MP a traseira e 1,3 MP a frontal).
Pero o realmente interesante é que no vídeo dise que conta con Honeycomb 3.2, versión da que até o de agora nada se sabía e que seguramente sexa unha adaptación de Honeycomb para tablets dun tamaño inferior.
Dende logo, parece positivo este traballo que se está a facer para adaptar Android aos diferentes dispositivos, pero se cadra é moito máis importante apurar a ter listo Ice Cream Sandwich, a versión que unificará os sistemas operativos de smartphones e tablets.

Sobre o autor

Reply