Nova beta do navegador Android Dolphin Browser

Un dos eidos nos que existen diversas e interesantes alternativas en Android é o dos navegadores, entre os que se atopa Dolphin Browser, quizais un dos máis sonados.
Pois dende hai uns días está dispoñíbel a Beta 6.0, que funciona bastante ben e conta con múltiples funcionalidades, con add-ons, uso de varios xestos para navegar máis rápido, tantas pestanas como queiras, búsquedas máis sinxelas…
E malia que é unha beta o certo é que é moi estábel. Iso si, se temos calquera apunte podemos facérllelo chegar a través de Twitter a @DolphinBrowser
Podedes facervos con el gratuitamente no Market web, iso si, só para versións de Android superiores á 2.0.

Sobre o autor

Reply