A capa traseira do Samsung Galaxy S II aguanta

Estes días estase falando moito sobre a capa traseira do Samsung Galaxy S II, con opinións que din que rompe facilmente. Mais parece que, como noutras ocasións, trátase de comentarios que teñen como único fin desprestixiar un terminal de características extraordinarias e que ademais conta cun deseño moi conseguido, combinando bo tamaño e pouco peso.
Para demostrar o que dá de si a súa capa traseira, deixámosvos cun vídeo no que se somete a un test de stress. Falan as imaxes, non si?

Sobre o autor

Reply