Sony Ericsson presentou onte na feira ComunicAsia 2011 un novo terminal Android, o Xperia Ray, que combina deseño e prestacións nun terminal pensado para xente que disfruta dos terminais táctiles e non quere levar enriba un dispositivo de grandes dimensións.
Destaca deste terminal a súa pantalla antirozaduras, así como tamén a integración coa iteracción social grazas ao Facebook Inside Xperia, unha aplicación exclusiva pensada para levar conta do que acontece no noso entorno social. Ademais este terminal ten un extra de personalización grazas a que estará dispoñíbel en varias cores, a saber: negro, branco, rosa e dourado.
Do resto de características, destacamos as que seguen:
- Procesador: 1 GHz
- Tamaño e peso: 111 x 53 x 9,4 mm e 100 gramos
- Sistema operativo: Android 2.3 (Gingerbread)
- Cámara: 8,1 MP e cámara frontal
- Memoria: 300 MB internos, microSD 4 GB incluída (acepta até 32 GB)
- Batería: 1500 mAh
- Outros: jack 3.5 mm, DLNA, microUSB, WiFi, aGPS
Calcúlase que estará nos mercados durante o terceiro trimestre do ano pero nada se sabe do prezo que terá. Que vos parece, gústavos?