Google Goggles actualízase con novas funcionalidades

Para min, Google Goggles é unha aplicación máxica. Para os que non a coñecedes trátase dunha ferramenta que permite usar a cámra do noso móbil para sacar imaxes e estudalas, sacando así información delas. Entre as cousas que fai é ler tarxetas de visita (introducindo os datos lidos como contactos), traducir textos, ler códigos de barras, darnos información dos monumenos que estamos a ver… e mesmo resolver sudokus.
Nesta última actualización incorpora algunhas novas funcionalidades. Seguramente a máis destacada sexa a introdución dun novo idioma que é capaz de entender (e un dos difíciles): o ruso. Así que agora, cando nos enfrontemos a un texto en ruso poderemos botar man do noso androide para que nos diga que pon aló.
Pero ademais disto, na nova versión incorpórase un mapa das nosas buscas, para que vexamos onde empregamos máis a miúdo a aplicacion, algo que para min non é moi relevante, pero non está mal telo, por se acaso.
Outras melloras que se incorporan están relacionads coa interface de resultados, que se fai algo máis lixeira e a posibilidade de copiar os resultados ao portapapeis.
Podedes probar esta aplicación descargándoa dende o Market web totalmente de balde. Ah, e para todos!

Sobre o autor

Reply