Xa temos falado aquí doutros superteléfonos, non tanto sentido de prestacións funcionais senón resistentes a todo. E nesta liña queremos falarvos hoxe dunha das últimas novidades de Sony Ericsson, o Xperia Activa.
Trátase dun smartphone pensado para usuarios de perfil deportista que disfrutan de levar os seus terminais cando van de aventura e teñen un alto risco de que se lles molle. Así, o Xperia Activa é resistente á auga e a outros factores ambientais.
Vén equipado cun procesador de 1 GHz, pantalla de 3 polgadas e cámara de 5 MP para poder inmortalizar os nosos momentos cunha calidade abonda. Así mesmo, conta con cámara frontal para videochamadas e unha memoria interna de 320 MB que se amplían 2 GB grazas á traxeta microSD que trae incluída (admite até 32 GB). En canto ao sistema operativo, vén con Gingerbread (Android 2.3).
Polo de agora nada se sabe de posíbeis prezos e dispoñibilidades no mercado, se ben é certo que o máis probábel é que chegue coa campaña de outono.