Comproba como anda a cousa pola praia… antes de ir para ela

Cantas veces non estarías dubidando a que praia ir por medo a que faga vento ou que haxa moita oleaxe? Para poñer fin a eses divagares veraniegos, iPlaya axúdanos a comprobar o estado das principais praias antes de saír da casa.
A aplicación permítenos escoller a praia dentro dunha listaxe piramidal: provincia -> concello -> praia
Unha vez teñamos escollido a praia á que nos queremos dirixir, apareceranos a información que se atopa da mesma: vento, oleaxe, temperatura máxima, temperatura da auga, índice UV e sensación térmica.
Ademais, ofrécenos a posibilidade de amosárnola en Google Maps ou procurar fotos da mesma
Podedes facervos con iPlaya descargándoa de xeito gratuíto dende o Market web. É compatíbel con todos os androides.

Sobre o autor

Reply