Cut the Rope, agora tamén en Android

Como xa sucedera co Angry Birds, uns dos xogos que estaba a causar furor no iPhone chega agora tamén para Android. Falamos de Cut the Rope, un xogo que coa mesma fórmula que o Angry Birds, baséase nun manexo sinxelo e que provoca unha gran adicción.
O noso fin será facer que, deslizando o dedo pola pantalla, facer uns cortes nunhas cordas para conseguir achegar un caramelo á boca dun monstruiño verde, ao tempo que intentaremos recoller unhas estrelas para aumentar a nosa puntuación.
Malia que o xogo non está no Android Market sí que o temos dispoñible para descarga de xeito gratuito desde a páxina web de GetJar. Para descargalo tan só debemos de indicar o modelo do móvil para o que desexamos descargar o .apk.
O que aínda non está del todo claro é que continúe sendo gratuito unha vez que chegue ao Market así que é o momento de que aproveitedes. Deixámosvos con un vídeo para ir abrindo boca.
Descarga: GetJar

Sobre o autor

Reply