A espera parece que pagou a pena. E é que HTC vén de anunciar oficialmente a chegada do HTC Evo 3D ao noso país para o vindeiro mes de xullo, despois de que teña saído ao mercado americano hai bastante tempo.
Trátase dun terminal que vén a engrosar a listaxe de androides de procesadores con dobre núcleo, neste caso a 1,2 GHz, e que conta con outros aspectos destacábeis, como a súa dobre cámara de 5 megapíxeles e 3D.
Polo demais, destacamos as seguintes características:
- Dimensións: 126 x 65 x 12.05 mm e 170 gramos.
- Procesador a 1,2 GHz de dobre núcleo
- Android 2.3 (Gingerbread) con interface Sense 3.0
- Memoria interna de 1 GB e 1 GB de RAM
- Pantalla de 4,3 polgadas, compatíbel con 3D
- Cámara traseira dobre de 5 MP e dianteira de 1,3 MP.
- Batería de 1730 mAh
Polo de agora non sabemos nada de prezos nin de se haberá acordos con operadoras, pero permanecede atentos ao blogue porque volo contaremos!