Chega a rede social de Google: Google+

Houbo moitos, moitos divagares. Moitos hipotéticos nomes, moita rumoroloxía. Pero hoxe podemos anunciar que é real, habemus rede social de Google e chámase Google+


+Circles


Dende Google pensan que compartimos cousas diferentes, dependendo do grupo de amigos. Por iso, hai cousas que só quixeras compartir coa xente do traballo, dos estudos ou da túa familia, algo que as redes sociais actuais non distinguen, uniformizando todos como amigos.
E diso trata Circles+, de agrupar por intereses, cun xesto tan sinxelo como arrastrar. Interesante, non?

+Sparks
O lugar para os nosos intereses, onde atoparemos vídeos e novas sobre aquelas cousas que nos gustan, compartilas cos nosos amigos de xeito sinxelo, o cal foi a principal preocupación de Google no desarrollo desta aplicación, que ademais está dispoñíbel en máis de 40 idiomas.

+Hangouts
A comunicación en estado puro. E é que Google quere que nos comuniquemos, e iso non é nada novo. No seu tempo foi con Gmail, logo Gtalk, videochamadas… e iso é algo que tamén teremos en Google+, as videochamadas, servizo que recibe o nome de Hangouts.

Mais non só iso, tamén poderemos compartir as nosas fotos de xeito sinxelo e acceder a elas para editalas ou engadir efectos.

+Mobile
Como non, este servizo ten que estar no móbil. Por iso xa está dispoñíbel a aplicación no Market (para versións posteriores á 2.1) coa que poderemos interactuar coa rede social desde calquera lugar.
Ver e subir fotos, os nosos círculos de amigos, enviar mensaxes… e moita importancia á xeolocalización. Google quere que compartamos as nosas experiencias cos nosos contactos de forma sinxela, o “aquí e agora”.

+Huddle
É o servizo que nos permite comunicarnos de xeito doado cos nosos contactos, evitando sms ou chats de grupo alleos en 20 servizos diferentes. Pretende pór fin á diversidade e englobar nun único espazo todos os modos de comunicación.
O malo é que polo de agora a rede está en beta privada, pero agardemos que se poñan as pilas e comecen a repartir convites a esgalla para que poidamos probar esta rede que, polo que se ve, ten boa pinta.

Dende logo, Google chegou para quedarse. Fará algo Facebook como resposta?

Máis info: Google+
Vía

Sobre o autor

Reply