Evita os radares de tráfico con iCoyote (de balde até o 30 de setembro)

Quen máis e quen menos sempre freou un pouco – ou moito – ao ver un radar de Tráfico. E é que a ninguén nos gusta ter que pagar unha multa por exceso de velocidade, así que todas as solucións que nos poidan evitar eses malos tragos son benvidas.
Hoxe queremos falarvos de iCoyote, unha aplicacación que nos pode acompañar nas nosas viaxes informándonos de radares fixos, de semáforo ou móbiles, así como tamén das zonas de risco, accidentes puntuais, perturbacións e outros usuarios da aplicación próximos.
O funcionamento da aplicación baséase na colaboración entre usuarios, chamadso Coyotes, xa que grazas a eles se poden sinalar no mapa as posicións dos radares móbiles (simplemente con pulsar un botón, indicando se se atopa no sentido de circulación ou no contrario, avisando automaticamente a todo o mundo), perturbacións que se van atopando, étcetera.
Así que a labor que facemos a usar esta aplicación é dobre: evitar problemas e evitar que outros os teñan
A aplicación atópase no Market para a súa descarga e instalación e será gratuíta até o 30 de setembro.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Isaac 28 Xuño, 2011 Responder
  2. iago varela 28 Xuño, 2011 Responder

Reply