Ultimamente estamos a falar moito de aplicacións feitas en Galicia, xa que contamos cun abano importante de desarrolladores que están a traballar arreo.
Hoxe imos falarvos de Gas’o’Line, unha aplicación que nos axuda a levar o control do consumo de combustíbel no teu vehículo. Así, en cada repostaxe que fagamos podemos anotar a nosa posición, ben introducindo a posición manualmente ou a través do GPS, así como tamén os datos da cantidade/prezo do combustíbel como os quilómetros do noso coche.
Todos eses datos acumúlanse nun histórico que podemos consultar en calquera momento, e no que se nos inclúe ademais os cálculos de distancia, litros e prezo cada 100 Km.
Esta aplicación é totalmente gratuíta e está dispoñíbel no Market para a súa descarga/instalación en calquera dispositivo Android.
Mola 🙂
Moi boa! Se poiderades poner tamen un codigo qr seria perfecto dado que sigo esto dende o ordenador e seria comodisimo para descargar as aplicacions!
Podémolo mirar de ir metendo os QR nas entradas. De todos os xeitos sempre poñemos a ligazón ao Market web porque dende el podemos instalar (hai un botón que pon INSTALAR) e xa nos manda directamente a descarga ao noso terminal e a instala, sen ter que facer nada máis a maiores.
Saúdos
Eu creo que a ligazón ao market ten a vantaxe de que se pode abrir tanto desde o PC coma desde o móbil a parte de que na web diche se a aplicación é compatible co teu móbil. Tamén é unha maneira de facilitar as cousas a aqueles que a cámara non lles colle ben o código QR.