Leva o control do teu gasto en combustíbel con Gas’o’Line

Ultimamente estamos a falar moito de aplicacións feitas en Galicia, xa que contamos cun abano importante de desarrolladores que están a traballar arreo.
Hoxe imos falarvos de Gas’o’Line, unha aplicación que nos axuda a levar o control do consumo de combustíbel no teu vehículo. Así, en cada repostaxe que fagamos podemos anotar a nosa posición, ben introducindo a posición manualmente ou a través do GPS, así como tamén os datos da cantidade/prezo do combustíbel como os quilómetros do noso coche.
Todos eses datos acumúlanse nun histórico que podemos consultar en calquera momento, e no que se nos inclúe ademais os cálculos de distancia, litros e prezo cada 100 Km.
Esta aplicación é totalmente gratuíta e está dispoñíbel no Market para a súa descarga/instalación en calquera dispositivo Android.

Sobre o autor

4 Comments

  1. Anonymous 28 Xuño, 2011 Responder
  2. Anonymous 28 Xuño, 2011 Responder
  3. iago varela 28 Xuño, 2011 Responder
  4. Álex Alfaya 28 Xuño, 2011 Responder

Reply