O superteléfono Motorola Atrix, con Movistar dende o 1 de xullo

O Motorola Atrix é un desos superteléfonos que nos deixan coa boca aberta e que o seu lanzamento supuxo un punto de inflexión, polo gran abano de posibilidades que ofrece.

A priori, as súas especificacións son semellantes ás de outros terminais que temos xa no mercado, de gama equivalente. Atopámonos que vén equipado cun procesador Nvidia Tegra 2 Dual Core, pantalla de catro polgadas, 1 GB de RAM ou cámara de 5 MP. Pero tamén trae algunha característica extra, como o lector biométrico (para identificación por pegadas dixitais, por exemplo).
Outras características son as que listamos a continuación:
  • Dimensións e peso: 117,75 x 63,50 x 10,95 mm e 135 gramos.
  • Procesador:  NVIDIA Tegra 2 AP20H Dual Core
  • Memoria: 16 GB de memoria interna, 1 GB de RAM, rendixa microSD (até 32 GB)
  • Sistema operativo: Android 2.2 (actualizándose a 2.3).
  • Batería de 1950 mAh.
  • Cámara de 5 MP e frontal VGA
  • Dobre navegador (Android en modo teléfono e Firefox en modo computador).
  • GPS; Bluetooth, jack 3.5, microUSB, WiFi, acelerómetro…
Pero o que realmente fai especial este terminal son os accesorios, o máis destacábel a base que o converte nun portátil con tan só enchufalo ou a base multimedia que nos traslada un centro de ocio á televisión. Podedes velo neste vídeo:
A base tipo portátil ofrece 8 horas de batería adicional de funcionamento, alén de mellorar a experiencia de traballo. Iso si, ten un prezo de 299 €.

Movistar inclúe no seu catálogo o terminal a partires do 1 de xullo, incluíndo tamén a base multimedia para conectar ao televisor (o cal é todo un detalle, pos mercada por separado custa 99 €).

En canto a prezos, Movistar ofrece un amplo catálogo de posibilidades. Algúns exemplos son os que seguen:

  • Contrato de 9 €/mes de consumo (Mi Gente, Movistar, Único, Tiempo Libre, Tarifa 6) + Datos (Tarifa de 10 € ou 15€): 389 € (portabilidade) ou 429 € (novas altas/migración).
  • Planazos de 19,90 € + Datos (Tarifa de 10€ ou 15€): 299 € (portabilidade) ou 339 € (novas altas/migración).
  • Planazos de 29,90 € + Datos (Tarifa de 10€ ou 15€): 199 € (portabilidade) ou 239 € (novas altas/migración).
  • Planazo de 29,90€ + Datos 25 €: 89 € (portabilidade) ou 129 € (novas altas/migración).
  • Resto de planazos: + Datos (15€ ou 25€): 0 € (portabilidade) ou 39 € (novas altas/migración)
Que vos aprecen estes prezos? Gústavos?

Sobre o autor

One Response

  1. Eu 28 Xuño, 2011 Responder

Reply