Acurta enderezos web e compárteos de forma sinxela

Cantas veces non vos atoparíades coa necesidade de acurtar un enderezo web cando andades navegando polo voso móbil e resultouvos pesada a acción de acceder a un servizo vía web que faga isto?
Somos conscientes que algúns servizos, como os clientes de Twitter, adoitan facer iso automaticamente, pero non sempre compartivos as nosas ligazóns a través de Twitter. 
Goo.gl URL Shortener fai basicamente iso: empregar o acurtador de Google para crear enderezos de tamaño reducido, mais tamén amosándonos o código QR. Unha vez deito isto, poderemos compartir (o enderezo web curto ou o QR de xeito doado.
A aplicación conta tamén cun histórico de acurtamentos feitos, así como tamén do número de visitas que recibiu.
Podedes descargar esta aplicación de balde dende o web Market de xeito gratuíto e para todos os androides

Sobre o autor

Reply