Outro prototipo de terminal Android con dúas pantallas

Dende hai un tempo a esta parte apareceron varios dispostivos Android con dobre pantalla, parece que os fabricantes están a poñer especial fincapé no feito da diferenciación. E é normal, xa que actualmente gozamos dun amplísimo catálogo de terminais e son nos pequenos detalles nos que un terminal é máis acaído para un uso ou para outro.
E isto é o que acontece con Imerj, un prototipo de smarphone con dobre pantalla de catro polgadas e que conta cun procesador de dobre núcleo fabricado por Texas Instruments.
Podedes ver máis sobre el neste vídeo:

Parécevos unha aplicación interesante? Credes que chegará a bo porto este proxecto? Gustaríavos ter un terminal destas características? Cóntanolo por acó ou a través do noso Twitter.

Sobre o autor

Reply