Estes días puidemos probar o Huawei 8500, un dos últimos terminais Android en engadir ao seu catálogo a operadora galega R, a quen agradecemos que nos tivera prestado unha unidade para poder facer a análise que estades a ler.
Huawei é unha marca aínda pouco coñecida no noso país, sobre todo no que ten a ver con smartphones (son máis coñecidos os seus pinchos USB de Internet móbil). Sen embargo estamos a falar dunha marca punteira en todo o que ten a ver coas telecomunicacións móbiles e, como é obvio, parte dese do mercado deste sector está nos smartphones e nas tablets, no que Huawei non quixo quedar fóra.
Deseño
O primeiro que nos atopamos neste terminal é que conta cun deseño elegante, cuxa fabricación externa combina plástico duro e metal. O plástico atopámolo na parte traseira e arredores da pantalla e o metal nos laterais e nas teclas de menú típicas de Android. Esa combinación otórgalle un aspecto profesional e certamente elegante que a min me resulta bastante interesante.
| Os acabados do terminal danlle un aspecto moi profesional |
En canto a dimensións, estamos falando dun teléfono facilmente manexábel cunha única man. Mide 112 x 58 x 12,8 mm e pesa 115 gramos.
Pasando xa á pantalla, estamos ante unha TFT de 3,2 polgadas, suficiente para a meirande parte dos usuarios. Conta con resolución HVGA de 480 x 320 píxeles.
Sistema operativo
Este terminal vén equipado con Froyo e o máis seguro é que non sexa actualizado a versións posteriores. Isto para algúns usuarios é un punto en contra, pero o certo é que Froyo (Android 2.2) é a versión de Android que saca o mellor dun terminal destas características, cunha interface de usuario que permite unha usabilidade moi boa e, ademais, un bo rendemento.
| Froyo saca xugo ás características técnicas deste terminal
Polo demais, Huawei non introduxo ningún nível de personalización, polo que temos Android limpo, un pure Google.
|
Conexións, controis, conectividade e outros extras
Ligado co deseño podemos comentar que conta con entrada/saída de microSD na parte superior, tanto para a transferencia de datos como para a carga da batería. Ademais, situado ao carón do microSD está o conector de audio jack 3,5 mm, que poderemos usar de mans libres.
Como todos os Android, vén equipado con GPS, WiFi, acelerómetro e Bluetooth (2.1), mais alén diso tamén conta cun extra moi interesante, a radioFM, que funciona bastante ben e é de agradecer que conte con ela (logo se a queremos usar ou non xa é outro tema).
| Detalle do microUSB, jack e botón de acendido/bloqueo |
En canto a memoria interna conta con 125 MB, pero iso si, ampliábel 32 GB a través de tarxetas microSD, polo que isto non é ningún problema.
Cámara
A cámara é normaliña. Son 3,5 megapíxeles (fotos 2048 x 1536 píxeles) e grava vídeo de 352 x 288 a 15 frames por segundo. Se somos moi sibaritas pode que se nos quede algo curta, pero para uso dun usuario medio (subir algunha foto ao Twitter, Facebook étc) chega de sobras.
| Detalle da cámara |
Batería
A batería do U8500 é de 1150 mAh. Para que nos entendamos: cun uso importante dura día e medio ou incluso 2 días, o cal non está nada mal.
Prezos
En canto a prezos, no catálogo de R podémolo atopar dende 0 €.
Conclusións
Logo de ver as súas características e a súa usabilidade, podemos concluír que estamos ante un terminal de consumo masivo. Non ten o procesador máis potente ou a mellor pantalla, pero cumpre sobradamente coas funcións que se esperan del.
A utilización en xeral é bastatne fluída, somos capaces de facer uso da multitarefa sen problema. Iso si, se temos moitas cousas abertas a un tempo notaremos que aumenta un chisco o tempo de resposta, pero nada esaxerado.
Ten unha excelente relación calidade/prezo e cremos que é un terminal recomendábel para alguén que se queira meter no mundo de Android sen gastar moitos cartos.
Que vos parece a vós? Tenvos boa pinta? Coméntanolo aquí ou a través do noso Twitter @mallandroid

Só indicar que este terminal nom tem a opçom de galego ou português, cousa que me sorprendeu bastante. Polo demais, concordo com vós em que tem um desenho agradável e umha boa usabilidade. Por tanto, há umha boa relaçom calidade/preço. 😉
O galego non está dispoñible en Android. Pero o portugués si. Se non che aparece no menú axustes pódese baixar o idioma dende o Market, buscando Locate PT
:-O Sabía que tinha que ter algúm engadido ou algo! 🙂 Moitas graças! Agora o Huawei 8500 já é perfecto 😛
Os debe de pagar R para decir tantas cosas buenas de un teléfono que no aguantaría como pisapapeles
Ola Anónimo, graciñas por achegar a túa opinión.
Como podes imaxinar nin nos paga R nin nin ningunha outra compañía e fabricante. De feito temos uns principios definidos para regular as relacións con empresas que se non coñeces podes revisar en http://www.vencello.com
Dito isto, gustaríanos saber por que tes esa opinión do terminal, cal foi a túa experiencia ou que che levou a ter esa impresión.
Graciñas de novo, un saúdo