Probamos o Huawei U8500, un smartphone para todos os públicos

Estes días puidemos probar o Huawei 8500, un dos últimos terminais Android en engadir ao seu catálogo a operadora galega R, a quen agradecemos que nos tivera prestado unha unidade para poder facer a análise que estades a ler.
Huawei é unha marca aínda pouco coñecida no noso país, sobre todo no que ten a ver con smartphones (son máis coñecidos os seus pinchos USB de Internet móbil). Sen embargo estamos a falar dunha marca punteira en todo o que ten a ver coas telecomunicacións móbiles e, como é obvio, parte dese do mercado deste sector está nos smartphones e nas tablets, no que Huawei non quixo quedar fóra.
Deseño
O primeiro que nos atopamos neste terminal é que conta cun deseño elegante, cuxa fabricación externa combina plástico duro e metal. O plástico atopámolo na parte traseira e arredores da pantalla e o metal nos laterais e nas teclas de menú típicas de Android. Esa combinación otórgalle un aspecto profesional e certamente elegante que a min me resulta bastante interesante.
Os acabados do terminal danlle un aspecto moi profesional
En canto a dimensións, estamos falando dun teléfono facilmente manexábel cunha única man. Mide 112 x 58 x 12,8 mm e pesa 115 gramos. 
Pasando xa á pantalla, estamos ante unha TFT de 3,2 polgadas, suficiente para a meirande parte dos usuarios. Conta con resolución HVGA de 480 x 320 píxeles.
Sistema operativo
Este terminal vén equipado con Froyo e o máis seguro é que non sexa actualizado a versións posteriores. Isto para algúns usuarios é un punto en contra, pero o certo é que Froyo (Android 2.2) é a versión de Android que saca o mellor dun terminal destas características, cunha interface de usuario que permite unha usabilidade moi boa e, ademais, un bo rendemento.
Froyo saca xugo ás características técnicas deste terminal

Polo demais, Huawei non introduxo ningún nível de personalización, polo que temos Android limpo, un pure Google
Conexións, controis, conectividade e outros extras
Ligado co deseño podemos comentar que conta con entrada/saída de microSD na parte superior, tanto para a transferencia de datos como para a carga da batería. Ademais, situado ao carón do microSD está o conector de audio jack 3,5 mm, que poderemos usar de mans libres.
Como todos os Android, vén equipado con GPS, WiFi, acelerómetro e Bluetooth (2.1), mais alén diso tamén conta cun extra moi interesante, a radioFM, que funciona bastante ben e é de agradecer que conte con ela (logo se a queremos usar ou non xa é outro tema).
Detalle do microUSB, jack e botón de acendido/bloqueo
En canto a memoria interna conta con 125 MB, pero iso si, ampliábel 32 GB a través de tarxetas microSD, polo que isto non é ningún problema.
Cámara
A cámara é normaliña. Son 3,5 megapíxeles (fotos 2048 x 1536 píxeles) e grava vídeo de 352 x 288 a 15 frames por segundo. Se somos moi sibaritas pode que se nos quede algo curta, pero para uso dun usuario medio (subir algunha foto ao Twitter, Facebook étc) chega de sobras.
Detalle da cámara
Batería
A batería do U8500 é de 1150 mAh. Para que nos entendamos: cun uso importante dura día e medio ou incluso 2 días, o cal non está nada mal.
Prezos
Conclusións
Logo de ver as súas características e a súa usabilidade, podemos concluír que estamos ante un terminal de consumo masivo. Non ten o procesador máis potente ou a mellor pantalla, pero cumpre sobradamente coas funcións que se esperan del. 
A utilización en xeral é bastatne fluída, somos capaces de facer uso da multitarefa sen problema. Iso si, se temos moitas cousas abertas a un tempo notaremos que aumenta un chisco o tempo de resposta, pero nada esaxerado. 
Ten unha excelente relación calidade/prezo e cremos que é un terminal recomendábel para alguén que se queira meter no mundo de Android sen gastar moitos cartos.
Que vos parece a vós? Tenvos boa pinta? Coméntanolo aquí ou a través do noso Twitter @mallandroid

Sobre o autor

5 Comments

  1. ailalelo 1 Xullo, 2011 Responder
  2. iago varela 1 Xullo, 2011 Responder
  3. ailalelo 1 Xullo, 2011 Responder
  4. Anonymous 6 Outubro, 2011 Responder
  5. iago varela 6 Outubro, 2011 Responder

Reply