gAppslauncher actualízase e xa inclúe acceso a Google+

A chegada de Google+, a rede social de Google da que tanto vos falamos estes días, está a provocar actualizacións noutras aplicacións, como o widget gAppsLauncher, do que xa vos falamos.
Como sabedes, trátase dun widget configurábel que nos dá acceso ás aplicacións e servizos de Google de xeito sinxelo dende o noso escritorio, e claro, coa chegada de Google+ tivo que se actualizar para incluír este novo servizo e seguir sendo referencial no acceso doado ás aplicacións de Google .
Podedes descargar gAppsLauncher dende o Market web.

Sobre o autor

Reply