NoLED, un avisador para móbiles que non teñen luz de notificación

Non todos os terminais Android dispoñen dun LED ou no seu defecto dunha rodiña con luz que nos avise de eventos sen consultar, como poden ser chamadas, mensaxes, correos étc.
Por iso, NoLED é unha boa ferramenta para non perder detalle de todas esas notificacións pendentes de mirar no noso móbil. O que fai é amosar pequenos iconos na pantalla parpadeante, que poderemos configurar ao noso gusto (avisos e frecuencia de parpadeo) para que non nos acabe coa batería.
Entre os avisos dos que dispón están os sms, mensaxes de voz, chamadas perdidas, GTalk, Calendar, correo, Whatsapp… entre outros.
Ademais, trátase dunha aplicación gratuíta e válida para todos os androides con versións Ecláir (2.1) ou posteriores. Podedes atopala, como sempre, no Market Web

Sobre o autor

Reply