Podemos seleccionar para cada entrada non só quen as ve, senón tamén se queremos que comenten ou non nelas. Nunha entrada con comentarios bloqueados non cabería dereito á réplica ao publicado. Tamén, ao igual que noutras redes sociais, podemos bloquear, borrar ou reportar comentarios. Para todo isto temos o círculiño cun triángulo que apunta cara abaixo no seu interior sitúado na esquina superior dereita de cada publicación. Ao clicarmos neste circuliño despregamos un menú no que podemos ver as opcións de deshabilitar comentarios así como a de borralos ou informar sobre eles.
Compartir:
A privacidade dos círculos ficaría incompleta se só puidésemos seleccionar quen ve que. Tamén podemos seleccionar se queremos que estes contactos poidan compartir ou non o que estamos publicando. Para evitar que os teus contactos poidan compartir as túas publicacións tes que volver clicar no círculo con triángulo da esquina superior dereita e seleccionar a opción “Deshabilitar opción para compartir”.
Isto imposibilita que ninguén poida compartir as túas entradas directamente co sistema de Google+, pero ollo! non te vai protexer contra as capturas de pantalla que poidan facer, así que coidado co que publicas!
Contactos:
Podemos decidir que contactos amosar, e a quen. Para xestionar a visión dos nosos contactos, temos que ir ao noso perfil e seleccionar a opción de editalo. Ao clicar nas imaxes dos nosos contactos, baixo a nosa foto principal, saíra un menú como o de debaixo destas liñas.
Etiquetas:
Cando, polo motivo que for, non tes a posibilidade de restrinxir a presenza de persoas “delicadas” nas redes sociais, sería de grande axuda a posibilidade de restrinxir as etiquetas nas fotos antes de que aparezan. Google + dá esta posibilidade.
Ao editar o teu perfil, na sección fotos tes a opción de seleccionar as persoas cuxas etiquetas son aprobadas directamente. A opción predeterminada é que sexan todos os contactos nos teus círculos, pero podes deixalo baleiro para que todas as etiquetas teñan que pasar por ti. Ao tentar alguén non autorizado te etiquetar nunha foto, aparecerá unha notificación e terás a oportunidade de dedicir se aceptas ou non a etiqueta, nun menú coma este:
Precaución si, medo non.
Cando ún estivo nunha festa, a sua decisión foi a de ir a esa festa. Cando outro lle fixo unha foto e a subeu a unha rede social, xa foi decisión de ese outro o facer e subir a foto. Cando un terceiro se fai unha opinión polo que veu nunha foto subida á rede, xa é responsabilidade de este terceiro o valor que lle da a esa foto.
Non é posible seguir todos os camiños para telos en conta á hora de ir oou non a esa festa.
¡Que cada un asuma a sua parte de responsabilidade. E esa parte é a que ten que ver exactamente cos actos que cada un fai!
E non deixemos que sexa o medo o noso conselleiro!
Un saúdo