A aplicación que sabe a quen vas a chamar

E se puidéramos pensar a quen queremos chamar e ao coller o noso móbil na man xa comezara a chamada? Polo de agora iso non é posíbel (todo se andará), pero si que existen solucións intermedias que nos poden axudar un pouco nese obxetivo.
Telepathic Caller é unha aplicación que conta cun widget para poñer no noso escritorio, dispoñíbel en dúas versións amosando 2 ou 4 contactos. E que contactos amosa? Pois aos que seguramente vas a chamar a próxima vez que collas o teléfono.
Claro está, isto non é por maxia, senón atendendo ao teu uso do teléfono á hora de facer chamadas. E vale, non é perfecto, pero funciona bastante ben (a menos que non teñas ningún contacto de uso máis ou menos frecuente). Se queredes adentravos na súa telepatía, podedes pasarvos polo Market e descargar esta aplicación, que ademais é gratuíta e válida para todas as versións de Android.

Sobre o autor

Reply