Samsung está a apostar non só por teléfonos, senón tamén por reprodutores multimedia, ao igual que fixo Apple no seu día coa gama iPod. Así, despois do éxito do Galaxy Player, lánzanse dúas novas verisóns: os Galaxy S WiFi 4.0 e 5.0.
Estes reprodutores contan con pantallas de 4 e 5 polgadas respectivamente e veñen equipados coa versión 2.2 de Android, Froyo, co que poderemos acceder á meirande parte das aplicacións dispoñíbeis no Android Market. Ademais, asegúrannos que recibirán actualización a Gingerbread nos próximos meses.
O obxetivo de Samsung con estes dous novos dispositivos é achegar o contido multimedia aos usuarios, xa que o tamaño de pantalla está pensado para disfrutar de vídeos con gran nitidez. Segundo aseguran dende a compañía, as pantallas están optimizadas para que tamén se poidan ver ben con incidencia directa da luz.
Ambos reprodutores dispoñen de memorias de 8 GB de capacidade, pero ademais contan con lector de tarxetas microSD co que se pode aumentar a capacidade en 32 GB extras.
En canto a prezos, a versión de 4 polgadas custa 259 €, mentres que o de 5 vaise até os 299 €.